Nova: A Cidade da Cultura acolle o V Festival de Bandas infantís e Xuvenís de Galicia con arredor de 600 rapaces e rapazas de 12 agrupacións
09/07/2022
A Cidade da Cultura acolle o V Festival de Bandas infantís e Xuvenís de Galicia con arredor de 600 rapaces e rapazas de 12 agrupacións
Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2022 A Cidade da Cultura de Galicia acolle durante toda a xornada de hoxe a V edición do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, no que arredor de 600 músicos novos, de 12 formacións musicais, interpretan os repertorios elixidos para a ocasión. En concreto, participan as Bandas Xuvenís da Banda de Música Municipal de Celanova, da Escola de Música de Salceda, e da Escola da Banda a Unión de Guláns, así como as bandas das escolas da Agrupación Musical do Rosal e do Ateneo Musical de Bembrive. Tamén estarán presentes no festival a Xove Banda de Valga, a Unión Musical de Tenorio, a Banda Infantil e Xuvenil de Antas de Ulla e as bandas xuvenís de Santa Cruz de Ribadulla, Castrelo-Cambados e Lalín.