Nova: 40 OBRAS DE GALICIA E DO NORTE DE PORTUGAL PRESENTADAS Á 8ª EDICIÓN DO PREMIO LITERARIO NORTEAR DESTINADO AOS MOZOS ESCRITORES DA NOSA EURORREXIÓN
11/07/2022
40 OBRAS DE GALICIA E DO NORTE DE PORTUGAL PRESENTADAS Á 8ª EDICIÓN DO PREMIO LITERARIO NORTEAR DESTINADO AOS MOZOS ESCRITORES DA NOSA EURORREXIÓN
→É unha iniciativa conxunta da Xunta de Galicia, da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal a e da Dirección Rexional de Cultura do Norte.
→Ten unha dotación financeira de 3.000 €. A obra vencedora será anunciada no inicio do mes de setembro e publicarase en portugués e galego.
→O premio será entregado durante a próxima feira das industrias culturais de Galicia, Culturgal, que terá lugar en Pontevedra, a final do ano.
→O último vencedor foi Pedro Rodríguez Villar con “O amor das Pedras”
Un total de 40 mozos escritores da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal presentáronse obras á 8ª Edición do Premio Literario Nortear. O certame é unha iniciativa da Xunta de Galicia, da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal e da Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal.
Finalizado o prazo de presentación dos orixinais na Plataforma Nortear (https://nortear.gnpaect.eu/), o xurado, constituído por cinco membros, seleccionados entre representantes das entidades promotoras e personalidades do mundo literario portugués e galego, avaliará as obras a concurso, entre os 40 orixinades recibidos.
O nome do vencedor será coñecido no inicio do mes de setembro. O galardón será entregado na próxima edición da feira de industrias culturais de Galicia, Culturgal, ao final do ano.
O premio literario Nortear ten unha dotación financeira de tres mil euros e contempla a publicación da obra vencedora en galego e en portugués. Distingue anualmente obras literarias orixinais, para estimular o lanzamento de novos escritores, incentivar a creatividade literaria entre os mozos residentes na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal e promover a distribución de obras literarias alén-fronteiras. Poden presentarse tódalas persoas con plena capacidade xurídica, nacidas e/ou residentes na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, entre os 16 e os 36 anos, con obras orixinais e inéditas, escritas en lingua portuguesa, segundo o novo acordo ortográfico, e en lingua galega, segundo a normativa ortográfica vixente publicada pola Real Academia Galega, sobre o xénero do relato curto.
Os sete vencedores nas anteriores edicións foron: Lara Dopazo, Rui Cerqueira Coello, Cecília Santomé, Sara Brandão, Sabela Varela, Célia Fraga e Pedro Rodríguez Villar.
O proxecto Nortear é un polo cultural de referencia na Europa no ámbito da Cooperación transfronteiriza.