Nova: A Xunta e o Concello de Ordes estudan as vías de colaboración arredor do Museo do Traxe Juanjo Linares
14/09/2022
A Xunta e o Concello de Ordes estudan as vías de colaboración arredor do Museo do Traxe Juanjo Linares
Ordes (A Coruña), 14 de setembro de 2022 O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou esta tarde o Museo do Traxe Juanjo Linares, en Ordes, onde abordou as posibles liñas de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello arredor desta infraestrutura cultural, que conmemorará ademais o vindeiro ano o 90º aniversario do nacemento do bailarín ordense que lle dá nome.
O Museo do Traxe abriu en xaneiro de 2010 co legado deixado por Juanjo Linares. A súa colección está composta por máis de 1.000 pezas de distintas orixes, das que 250 están expostas. Entre elas destacan indumentarias pertencentes a distintas figuras do mundo da danza e de gran renome como Kety Clavijo, Rocío Jurado, Antonio Gades, Antonia Merce La Argentina, Merche Esmeralda ou Luis del Río, entre outros.