Nova: A Xunta estuda vías de colaboración coa nova directiva do Instituto de Estudos Padre Sarmiento
![](/sites/default/files/menu_icons_sxcultura/menu_icon_763.png)
31/10/2022
A Xunta estuda vías de colaboración coa nova directiva do Instituto de Estudos Padre Sarmiento
Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2022
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, reuniuse hoxe co novo director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, Pablo Otero, e coa vicedirectora, Amparo Rubio, para estudar as actuais vías de colaboración e perfilar outras novas.
Nesta primeira toma de contacto co novo equipo, o titular de Cultura da Xunta comprometeuse a seguir co apoio a esta entidade, coa que mantén unha colaboración estable para contribuír aos seus gastos de funcionamento. Tamén está vixente un convenio para que esta entidade -que forma parte do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC)- elabore unha ferramenta metodolóxica que fixe criterios científicos para avaliar o recoñecemento de novas rutas históricas como Camiño de Santiago.