Novas

09/09/2016

A BSIG recupera as partituras inéditas de “Cidra” e “Balancé”, do mestre Reveriano Soutullo, xunto coa panxoliña de Xosé Pacheco “En Belén hai moita festa”, que xa están accesibles en liña na web da agrupación

08/09/2016

Tres Pesos, o grupo formado por Felisa Segade, Estevo Lamas e Antón Ferreira, actuará o sábado 10 de setembro, ás 19:00 horas, no Museo Etnolóxico de Ribadavia, desde onde previamente partirá un roteiro fluvial ata Francelos

08/09/2016

A exposición do Museo Centro Gaiás, inaugurada o pasado 11 de marzo, pode visitarse de balde ate o vindeiro domingo

07/09/2016

Xa están á venda as entradas para esta programación, que ofrecerá en Santiago de Compostela, entre o 20 e o 22 de outubro, unha selección do mellor da escena emerxente internacional no ámbito da música tradicional

07/09/2016

A sección dedicada a Galicia inclúe ‘Eco’, de Xacio Baño; ‘Disney’, de Jorge Saavedra; ‘Monstruo’, de David Rodríguez Muñiz, ‘Fres-Boi’, de Paloma Canonica e Cristina Vilches; ‘The Walker’, de Adán Aliaga; e ‘Lurna’, de Nani Matos

06/09/2016

Contos vellos para rapaces novos, O zapateiro e o raposo e Palabras máxicas despediron a primeiros de mes o programa promovido desde Cultura logo de seis semanas nos carteis das principais festas e programacións estivais municipais

06/09/2016

A Casa da Matanza exhibirá, ao termo da exposición ‘Con-fío en Galicia’, a recreación dun traxe da poetisa realizado pola deseñadora Carmen Pichel a partir dunha fotografía de 1855 pertencente á Real Academia Galega

06/09/2016

O espectáculo dirixido por Mercedes Suárez conta con coreografías de Kenneth Tindall e de Iker Gómez

05/09/2016

Pistacatro, Desastronauts, Traspediante, Sarabela, Morcego, Ningures e Eme2 amosan os seus traballos recentes

Páxinas