Plan de reactivación do sector cultural

Plan de reactivación

 

Webinar profesional:

“FERRAMENTAS DE REACTIVACIÓN PARA O SECTOR CULTURAL FRONTE AO CORONAVIRUS. PLAN DE REACTIVACIÓN DO SECTOR CULTURAL”

Xoves 7 de maio ás 17.00 h

 

Inscríbase aquí

 

Prezado/a representante do sector cultural,

Dende a Consellería de Cultura e Turismo, queremos convidarte a participar no webinar para profesionais da cultura que organiza a Xunta de Galicia para presentar o Plan de Reactivación do Sector Cultural Galego fronte ao Coronavirus, co obxectivo de achegar información de primeira man sobre as principais medidas de choque, e resolver as dúbidas ou consultas que esta iniciativa poida xerar.

Neste encontro contaremos coa presenza do conselleiro de Cultura e Turismo, D. Román Rodríguez; director do IGAPE, D. Juan Manuel Cividanes Roger; o director xeral de Políticas Culturais, D. Anxo M. Lorenzo; o director de AGADIC, D. Jacobo Sutil; e o secretario xeral de Política Lingüística, D. Valentín García.

O dito webinar realizarase o xoves 7 de maio ás 17h, a través da plataforma institucional para videoconferencias da Xunta, Cisco Webex.

 

Se vostede desexa participar deberá inscribirse facendo clic no seguinte botón:

 

Inscríbase aquí