Ao descargar e usar a aplicación móbil Axenda Cultura manifestas que liches e aceptas a Política de privacidade. Recomendamos que leas detidamente a Política de privacidade da aplicación móbil Axenda Cultura (en diante a “Aplicación”). Esta Política de privacidade pode complementarse coa información xeral sobre tratamento de datos persoais na Xunta de Galicia dispoñible en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos.
Esta Política de privacidade poderá ser obxecto de modificación, polo que recomendamos a súa revisión periódica.
1. Datos relativos ao Responsable do tratamento, Encargado do tratamento e Delegado de Protección de Datos
O responsable do tratamento é a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.
O encargado do tratamento é a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), para o desenvolvemento, mantemento, aloxamento e xestión do sistema da Aplicación a través da que se dará acceso ás persoas usuarias.
Podes contactar co/a Delegado/a de Protección de Datos: https://www.xunta.gal/delegados-de-proteccion-de-datos.
2. Categorías de datos obxecto de tratamento
Os datos persoais que se tratarán no caso de que a persoa usuaria decida rexistrarse na Aplicación serán os seguintes:
- Nome e apelidos
- Correo electrónico
Tamén, no caso que outorgues o permiso á aplicación para utilizar a localización do dispositivo, tratarase o dato relativo á túa localización coa única finalidade de ofrecerche a listaxe de eventos que se van celebrar nas localidades que estean máis próximas a ti. Este permiso é configurable, polo que unicamente se tratará esta información no caso que se autorice este permiso.
3. Orixe dos datos
- Datos facilitados pola persoa usuaria da Aplicación no momento do rexistro.
- Datos obtidos do dispositivo móbil (localización).
4. Finalidades do tratamento de datos
Os datos serán utilizados para ofrecer ás persoas usuarias que decidan rexistrarse os seguintes servizos:
- Consulta de eventos culturais: a Aplicación permite á persoa usuaria marcar os eventos como favoritos, gardalos e compartilos.
- Configuración predeterminada segundo as preferencias ou intereses seleccionados.
- Procura de eventos (data, lugar e tipoloxía) e a súa proximidade.
5. Lexitimación para o tratamento de datos persoais
O tratamento de datos persoais derivado da operativa da Aplicación realizarase en base ao cumprimento dunha misión realizada en interese público fundamentada na Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
Con todo, o uso da Aplicación e a configuración das súas diferentes funcionalidades basearase na voluntariedade, de forma que a persoa usuaria poderá activar e desactivar de forma específica cada unha delas de forma independente en todo momento, así como decidir desinstalar a Aplicación. Todo iso, sen que se derive consecuencia negativa algunha para quen decida non descargar ou non usar a Aplicación ou algunha das súas funcionalidades.
6. Prazo de conservación dos datos
Os datos persoais serán conservados durante o tempo necesario para cumprir coas finalidades do tratamento e, en todo caso, durante os prazos previstos pola normativa vixente, en función do procedemento de que se trate. Así mesmo, será de Aplicación a normativa sobre conservación de documentación de titularidade pública, en particular a Lei 7/2014, do 26 de setembro, de Arquivos e Documentos de Galicia.
7. Categorías de destinatarios dos datos persoais
O responsable do tratamento, para as finalidades descritas no apartado 4, permitirá o acceso aos datos persoais á Axencia Galega de Modernización Tecnolóxica (Amtega) na súa calidade de encargado do tratamento. En todo caso, adoptaranse as medidas necesarias para garantir a confidencialidade e seguridade dos datos e a protección dos dereitos dos interesados e darase cumprimento ao establecido na normativa vixente con respecto ao tratamento de datos por conta de terceiros.
8. Dereitos das persoas interesadas respecto dos seus datos persoais e como solicitalos
O responsable do tratamento garantirá e facilitará en todo momento ás persoas usuarias o exercicio dos seus dereitos en materia de protección de datos persoais. Estes dereitos son:
- Dereito de acceso: dereito a obter confirmación sobre se se están tratando os datos e información, no seu caso, sobre o devandito tratamento.
- Dereito de rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos cando sexan inexactos.
- Dereito de supresión ou esquecemento: dereito a obter a supresión dos datos nos termos previstos na normativa vixente.
- Dereito de oposición: dereito a opoñerse, en calquera momento, a que os datos persoais sexan obxecto de tratamento.
- Dereito á limitación do tratamento: dereito a que o responsable limite o tratamento dos datos da persoa interesada nos supostos recolleitos na normativa vixente.
- Dereito á portabilidade dos datos: dereito a recibir os datos que proporcionou nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, ou a que sexan transmitidos directamente a un terceiro nos supostos establecidos na normativa vixente.
As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento denominado PR004A ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.
En todo caso, se as persoas interesadas consideran vulnerado o dereito á protección dos seus datos persoais, poderán presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos – AEPD. Con carácter previo a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, a persoa usuaria da Aplicación poderá dirixirse ao Delegado de Protección de Datos (DPD) que corresponda a través da canle habilitada en Delegados/as de protección de datos - Xunta de Galicia.
Pode consultar máis información en Información xeral sobre a protección de datos - Xunta de Galicia.
9. Outras garantías no tratamento dos datos
Tanto no desenvolvemento como na implementación e funcionamento da Aplicación, e posteriormente na súa desactivación, estableceranse as garantías necesarias para as persoas usuarias no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais, segundo as disposicións da lexislación vixente sobre protección de datos e confidencialidade das comunicacións electrónicas.
Estas garantías respectarán os principios establecidos na devandita normativa. En particular, a recollida de datos persoais rexerase polos principios xerais de eficacia, necesidade e proporcionalidade, respectando en todo caso o principio de minimización de datos.
Tomaranse as medidas necesarias para garantir que calquera persoa que actúe baixo a autoridade do responsable do tratamento e que teña acceso aos datos persoais só poida tratar os devanditos datos de acordo coas instrucións do responsable do tratamento, a menos que así o esixa a lexislación da Unión ou dos Estados membros. Entre outras medidas, solicitaranse os compromisos de confidencialidade necesarios, nos que se fará mención expresa ao deber de secreto profesional de acordo coas esixencias do Regulamento Xeral de Protección de Datos. De acordo co principio de limitación da finalidade, os datos persoais trataranse unicamente para as finalidades indicadas, e non se utilizarán posteriormente de forma incompatible coas devanditas finalidades.
Os posibles tratamentos que poidan ser necesarios con fins de arquivo de interese público, investigación científica ou histórica ou estatística, estarán suxeitos ás garantías previstas no artigo 89 do RGPD e rexeranse pola lexislación aplicable en cada caso.
Aplicaranse as medidas técnicas e organizativas adecuadas para garantir un nivel de seguridade adecuado ao risco. De acordo coa Disposición Adicional Primeira da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal e garantía dos dereitos dixitais, as medidas de seguridade técnicas e organizativas serán as establecidas no Real Decreto 311/2022, do 3 de maio, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade.
10. Normativa básica aplicable
- Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento Xeral de Protección de Datos ou RXPD).
- Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais ( LOPDGDD).
- Real Decreto 311/2022, do 3 de maio, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade (ENS).
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP).
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público (LRXSP).
- Real Decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos.
- Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia (LEDIXGA).
- Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.