Premio: Premios da Cultura Galega 2015
Premios da Cultura Galega 2015
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universtiaria publica a Orde do 4 de maio de 2015 pola que se convocan os Premios da Cultura Galega para o ano 2015.
Con data 24 de setembro de 2010 creáronse os Premios da Cultura Galega co obxecto de apoiar o labor creativo na Comunidade Autónoma e a súa expansión nos novos espazos que se abren na actualidade. Mediante esta orde establécense as bases que rexerán a concesión dos Premios da Cultura Galega e convócanse para o ano 2015 nas seguintes modalidades:
1. Premio Cultura Galega de Letras.
2. Premio Cultura Galega de Artes Plásticas.
3. Premio Cultura Galega de Artes Escénicas.
4. Premio Cultura Galega de Música.
5. Premio Cultura Galega de Audiovisual.
6. Premio Cultura Galega de Lingua.
7. Premio Cultura Galega de Patrimonio Cultural.
8. Premio Cultura Galega de Proxección Exterior.
O prazo de presentación de candidaturas será de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Ligazóns
Documentos relacionados
- Nomeamento dos membros do xurado50.24 KB