Premio: Premio Literario Nortear

Premio Literario Nortear

Para escritoras e escritores novos do Norte de Portugal - Galicia

O Premio Literario / Nortear – Jovens Escritores / Mocidade Escritora Norte de Portugal - Galicia é unha iniciativa conxunta da Direção Regional de Cultura do Norte (Portugal), e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria – Xunta de Galicia (España) e da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal.
 

Ten como obxectivos:
a) Promover a aparición de novos escritores;
b) Estimular a produción de obras inéditas no ámbito da ficción;
b) Incentivar a creatividade literaria entre a mocidade escritora residente na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal
c) Destacar, anualmente, obras literarias orixinais;
d) Promover a circulación e distribución de obras literarias mais aló das fronteiras.

Poden participar no Premio Nortear todas as persoas con plena capacidade xurídica, nacidos ou empadroados na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos.

As obras participantes deben ser enviadas, por correo postal, a:
Agrupación Europea de cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal
Edificio CETMAR,
c) Eduardo Cabello, s/n
36208 BOUZAS - VIGO

Serán admitidas a concurso todas as obras que teñan data de entrada, na dirección arriba indicada, até o día 30 de setembro de 2015 ou que teñan esa data reflectida no cuño postal. No sobre farán constar Premio Nortear Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal.

Estado do trámite: Resolto

Comparte