Premio: III Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

III Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora cunha nova edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, un certame promovido pola Fundación Benito Losada, e conta co apio tamén da Deputación de Lugo,  co obxectivo de situar a Galicia no circuíto internacional da fotografía e de promover nesta disciplina novas creacións na linguaxe visual contemporánea.

O certame premia propostas de carácter visual-fotográfico no discurso da fotografía contemporánea realizadas por autoras e de autores de calquera nacionalidade. A dotación económica é de 12.000 euros. Esta contía destínase á produción dunha exposición coa obra gañadora que itinerará durante dous anos –a inauguración terá lugar entre os meses de novembro e decembro de 2015– xunto coa súa publicación nun libro dentro da serie Premio Galicia de Fotografía Contemporánea da colección OF. Ademais, tamén se incorporará ao libro do Festival Outono Fotográfico do ano seguinte unha selección de fotografías do traballo gañador.

Prazo de presentación
O prazo de presentación das obras rematará o 15 de setembro de 2015. Entre os traballos que participen, o xurado fará a selección de tres proxectos, que serán os finalistas. Os nomes dos autores ou autoras publicaranse o 22 de setembro de 2015 enwww.outonofotografico.com e nas redes sociais do festival. A selección realizarase atendendo á linguaxe visual do autor ou da autora, á calidade fotográfica, á contemporaneidade. Corenta e oito horas despois, o xurado elixirá o gañador ou gañadora de entre os finalistas, e o seu nome será publicado nestas mesmas canles.

Estado do trámite: Resolto

Comparte