Premio: XVI Certame de Relatos Curtos Os Viadutos
XVI Certame de Relatos Curtos Os Viadutos
Convocado polo Concello de Rendodela
Participará no certame mocidade de entre 17 e 35 anos con obras escritas en lingua galega segundo a normativa oficial.
Os textos deberán ser orixinais, inéditos e non premiados nin recoñecidos ou seleccionados noutros certames. Cada participante pode presentar un único relato. As obras estarán mecanografadas por unha cara a dobre espazo, tamaño de fonte 12, extensión mínima de dez folios e máxima de quince, debidamente encadernadas. Ademais do orixinal axuntaranse tres copias.
LUGAR E PRAZO DE ENTREGA
As obras entregaranse no Departamento de Xuventude do Concello de Redondela en horario de atención ao público.
O prazo de presentación rematará o 27 de novembro do 2015.
As obras poderán enviarse por correo certificado ou por calquera dos supostos previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (modificado polo artigo 27 do Real Decreto-Ley 8/2011 de 1 de xullo), ao Departamento de Xuventude - Paseo da Xunqueira s/n- 36800 Redondela
PREMIOS
Concederanse dous premios: o primeiro dotado con 1.200 euros e o segundo con 600 euros.
O Xurado poderá conceder, en base á calidade das obra, ata dous accésits. Estes carecerán de dotación económica.
Bases de participación
Máis información:
Oficina de Información Xuvenil (OMIX)
Concello de Redondela
Correo Electrónico: omix@redondela.es
Teléfono: 986 400 798