Premio: Premios Europa Nostra 2015

Premios Europa Nostra 2015

Premios da UE de Patrimonio Cultural

Ver video

Os obxectivos son recoñecer e fomentar as mellores prácticas relacionadas co patrimonio cultural en toda Europa, estimular o intercambio de coñecementos e experiencias entre todos os países europeos, incrementar o coñecemento e o aprecio polo patrimonio cultural europeo, e fomentar iniciativas similares mediante o poder do exemplo. Cada ano rénde homenaxe aos logros históricos máis destacados de toda Europa. Recoñece a excelencia e dedicación por parte de arquitectos, artesáns, expertos en patrimonio cultural, voluntarios, escolas, comunidades locais, propietarios do patrimonio e medios de comunicación. 

Serán premiadas 30 realizacións e iniciativas relevantes nas catro categorías. Até un total de sete destas realizacións poderán obter ademais un Premio Especial de 10.000 Euros. Unha delas obterá o Premio do Público. Hai 4 categorías:

  • Conservación
  • Investigación e dixitalización
  • Dedicación individual ou colectiva
  • Educación, formación e sensibilización
Estado do trámite: Resolto

Comparte