Premio: XII Concurso de Fotografía Xurxo Lobato
XII Concurso de Fotografía Xurxo Lobato
O concurso vai dirixido ao alumnado de Educación Secundaria, Bacherelato e Formación Profesional de Galicia, cun límite de idade para presentarse de 21 anos.
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS
• O tema é libre.
• As fotografías poden presentarse en branco/negro ou cor.
• Máximo de 3 fotografías por participante
• As fotografías serán en formato dixital e só se poderán enviar por correo electrónico.
• Data de entrega: antes do 10 de marzo de 2016.
• Non poderán levar marcas de auga.
3. PRESENTACIÓN
Os autores deberán:
• Enviar as fotografías por correo electrónico fotomonelos@gmail.com cos seguintes datos: nome e apelidos, DNI,idade, teléfono, enderezo, centro de estudo, curso.
• Poñerlle un título a cada foto.
4. XURADO
• Estará formado por un representante daAsociación de antigos alumnos, outro do Instituto Monelos e tres profesionais ou estudosos da fotografía.
5. PREMIOS
1º premio: diploma e 250 €
2º premio: diploma e 150 €
3º premio: diploma e 100 €
• O xurado considerará a posibilidade de conceder accesits con premios.
• Premio especial para a realización dun proxecto fotográfico baixo a dirección de Xurxo Lobato.
6. EXPOSICIÓN
A organización do concurso poderá utilizar as fotografías seleccionadas e as premiadas para a súa difusión (exposicións, edicións, etc.).
A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.
Idade máxima para participar: 21 anos
Mandarase as fotos ao correo electronico mediante un apodo sin máis datos: fotomonelos@gmail.com e mediante o seguinte formulario mandar todo os datos que figuran nas bases e no cuestionario
https://docs.google.com/forms/d/1erfQ1G6EQoZ6nXF17fb_nyNyzdjpDZSUu1mW9uakECE/viewform