Premio: XIX Certame de Poesía Concello de Carral
XIX Certame de Poesía Concello de Carral
O Certame de Poesía Concello de Carral celebra unha nova edición, a décimo novena, co obxectivo do seguir impulsando a creación literaria en lingua galega.
Xunto coa publicación do poemario, o premio está dotado cunha contía económica de 2.500 euros, que se incrementa este ano en 500 euros respecto de anteriores edicións.
As persoas maiores de idade interesadas en participar poderán presentar as súas obras orixinais e inéditas, escritas en galego e cun mínimo de 500 versos, desde o 29 de decembro de 2015 e ata o vindeiro 9 de abril de 2016.
Estado do trámite:
Resolto