Premio: VIII Premio Narrativa Breve Repsol
VIII Premio Narrativa Breve Repsol
Poderán participar todos os autores e autoras que o desexen cunha novela curta en galego
A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a oitava edición do Premio Narrativa Breve Repsol.
A este premio poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen, excepto a persoa gañadora da edición anterior, cunha novela curta escrita en lingua galega, conforme á normativa establecida pola Real Academia Galega. As novelas, que serán orixinais e inéditas en todos os formatos, terán unha extensión non inferior a 50 folios nin superior a 120.
Establécese un único premio dotado con doce mil euros e a novela será publicada pola Editorial Galaxia.
As novelas enviaranse antes do 22 de xullo de 2014 ao seguinte enderezo postal:
Refinería Repsol A Coruña
Apartado 700
15080 A Coruña