Premio: XXXII Premio de Poesía Cidade de Ourense
XXXII Premio de Poesía Cidade de Ourense
A Concellería de Cultura do Concello de Ourense vén de convocar a trixésimo segunda edición do Premio de Poesía Cidade de Ourense. O prazo para presentar traballos permanecerá aberto ata as 14:00 horas do día 22 de abril de 2016. O Premio de Poesía está dotado cunha cantidade de 6.000 euros xunto coa publicación do libro. O gañador ou gañadora recibirá gratuitamente 25 exemplares da obra publicada e ademais formará parte do xurado na seguinte edición.
A el poderá optar calquera persoa que presente obras en galego ou en portugués. Todas as persoas interesadas en presentar traballos, deberán facelo a través do Rexistro do Concello de Ourense – Praza Maior, s/ n - directamente ou por correo certificado facendo constar no sobre “Para o XXXII concurso de Poesía Cidade de Ourense”. Os concursantes portugueses poderán facer entrega dos seus traballos na Cámara Municipal de Vila Real (Portugal) dentro dos mesmos prazos.
No aspecto formal, os traballos que se presenten terán que ser orixinais e inéditos, cun mínimo de seiscentos versos. Presentaranse mecanografados e a dobre espazo en follas de tamaño folio escritas por unha soa cara en exemplar sextuplicado.