Premio: Concurso de programación Rapaciños co gallo das Letras Galegas

Concurso de programación Rapaciños co gallo das Letras Galegas

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), convoca este concurso, co obxectivo de promover o achegamento dos máis novos ás ferramentas tecnolóxicas, co gallo do Día das Letras Galegas.

Vai dirixido ao alumnado de entre 10 e 14 anos de idade matriculado nos centros de ensino de Galicia e o proxecto consiste no desenvolvemento dunha historia relacionada co Día das Letras Galegas, utilizando a ferramenta Scratch (https://scratch.mit.edu) e en formato story telling.

Como presentarse
Formando un grupo mixto de entre 6 e 8 alumnos e alumnas e un docente. Os grupos deberán estar compostos por alumnado do mesmo centro . Cada centro pode presentar varios proxectos. Cada alumno/a só pode pertencer a un grupo e proxecto.

Os traballos deben enviarse a info@cpeig.gal, onde tamén se pode facer calquera consulta con respecto ao concurso.

O prazo de presentación remata o 12 de maio ás 23.00 horas.

Estado do trámite: Resolto

Comparte