Premio: IV Premio Galicia de Fotografía Contemporánea
IV Premio Galicia de Fotografía Contemporánea
Convócase unha nova edición do certame fotográfico e fica aberta a recepción de dossieres de proxectos fotográficos até o 15 do setembro.
O Premio Galicia de Fotografía Contemporánea ten unha dotación de 10.000 € para un único proxecto fotográfico que elixirá o xurado composto por expertos do mundo da fotografía e da arte. A dotación adícase á produción dunha exposición que itinerará durante 2 anos e á edición dun libro con distribución en librarías especializadas.
Este proxecto, impulsado polo festival Outono Fotográfico, e co patrocinio da Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo, chega neste ano á súa IV edición. Tanto as exposicións como os libros de cada ano, teñen contribuido a dar un espaldarazo a autores e autoras así como a xerar produtos culturais que dignifican a fotografía en clave contemporánea no noso país.
Nas anteriores edicións premiaronse traballos como “Renacer” de Eva Díez, “Rururbania Salnés de Jose Romay, “Le Cirque Noir” de Berto Macei, e “Posesións para un esquecimento” de Daniel Díaz Trigo.
A consulta das bases do certame, neste enlace.