Premio: I Premio Celso Emilio Ferreiro de Poemas Musicados
I Premio Celso Emilio Ferreiro de Poemas Musicados
A Fundación Celso Emilio Ferreiro (FUNCEF) entende que a expresión musical cumpre unha función clave no fomento e difusión da expresión poética en xeral e, nomeadamente, na divulgación do legado poético, de Celso Emilio Ferreiro cuxa obra foi reiteradamente musicada, nunha múltiple variedade de estilos, ao longo dos últimos cincuenta anos.
Por iso, convoca con carácter bianual o Premio Celso Emilio Ferreiro de Poemas Musicados, co obxectivo de premiar a mellor canción con música orixinal e textos dun poema de Celso Emilio Ferreiro.
O prazo de recepción das obras finalizará o día 30 de outubro do 2016. O anuncio do veredicto do xurado darase a coñecer o día 20 de novembro de 2016 a través da páxina web www.celsoemilioferreiro.org. E o acto de entrega do premio será no transcurso da Feira Culturgal a celebrar en Pontevedra en decembro de 2016.
Bases do certame neste enlace: http://celsoemilioferreiro.org/premio/