Premio: II Galicia Creativa

II Galicia Creativa

A Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) e a Fundación SGAE volven colaborar para a convocatoria da segunda edición de Galicia Creativa, un programa de axudas á creación musical dedicado á promoción de artistas galegos emerxentes.

Tres grupos ou solistas de pop-rock, jazz e tradicional-folk recibirán axudas para a gravación e promoción dun disco, así como para a realización de varios concertos.

Máis información, aquí.

 

Estado do trámite: Resolto

Comparte