Premio: X Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

X Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

A Radio Galega convoca, coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación, o X Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

Desde a contemporaneidade e inscrito nunha tradición que fixo da radio canle de expresión artística, o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico pretende promover a creación cultural dun corpus dramático no formato do teatro radiofónico. A Radio Galega, a través do programa Diario Cultural e coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, organiza a décima edición dun premio que pretende fomentar a escrita de textos dramáticos para a radio e contribuír á recuperación do formato do teatro radiofónico. Non se trata tanto de recuperar as fórmulas convencionais do radioteatro como de estimular a creación de pezas dramáticas contemporáneas e facilitar unha plataforma de creación aberta ás novas linguaxes artísticas na radio. 

As obras seleccionadas polo xurado, emitiranse na Radio Galega e editarase nun libro-CD. Outorgaranse os Premios do Xurado e da Audiencia, dotados cada un deles con 3.000 euros.

Estado do trámite: Resolto

Comparte