Premio: Premios María Luz Morales de ensaio sobre o audiovisual
Premios María Luz Morales de ensaio sobre o audiovisual
A Academia Galega do Audiovisual convoca os premios María Luz Morales para promover a investigación científica no ámbito audiovisual. Desde esta primeira edición, estes premios contarán con catro modalidades que atenderán traballos de videoensaio e ensaio escrito, de ámbito galego e internacional. Nesta iniciativa, a primeira destas características en Galicia, participan as catro deputacións galegas.
A convocatoria dos premios María Luz Morales pretende avivar o interese polos estudos sobre o audiovisual ofrecendo ás persoas estudosas e investigadoras a posibilidade de facer os seus traballos tanto en formato audiovisual como escrito.
O prazo para a presentación de traballos comezará o 15 de decembro e finalizará o vindeiro 7 de maio.
As modalidades do premio son:
Vídeoensaio sobre audiovisual galego
Ensaio escrito sobre audiovisual galego
Videoensaio sobre audiovisual internacional
Ensaio escrito sobre audiovisual internacional
Cada unha destas categorías estará dotada con 1.200 euros de premio e un galardón.
Bases do premio, aquí.
Máis información, na Academia Galega do Audiovisual