Premio: XX Premio de Poesía Concello de Carral
XX Premio de Poesía Concello de Carral
O Concello de Carral, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convoca unha nova edición do Concurso de Poesía Concello de Carral.
Poderán optar ao premio todos os autores/as maiores de idade e de calquera nacionalidade, sempre que o seu traballo se presente escrito en lingua galega. Non poden participar gañadores e gañadoras deste concurso das últimas oito edicións.
Os traballos, cunha extensión mínima de 500 versos, serán orixinais, inéditos e non premiados noutros concursos no momento das deliberacións do xurado.
As obras presentaranse na Biblioteca Pública Municipal de Carral (Casa da Cultura, Rúa de Paleo, 17, 15175, Carral, A Coruña. Tel. 981 672 580).
O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 8 de abril de 2017.