Premio: Premio Illa Nova de Narrativa 2017
Premio Illa Nova de Narrativa 2017
A Editorial Galaxia convoca a primeira edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2017 para autores e autoras menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación.
Cúmprense 60 anos dende que a Editorial Galaxia botou a andar a colección Illa Nova. Era 1957 e pretendían dar continuidade ao proxecto da editora a través das novas xeracións, sempre con vontade de renovación. Xohana Torres, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Franco Grande, Bernardino Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán ou Carlos Casares foron algúns deses novos valores que publicaron na colección onde saíron algunhas das principais obras do que se deu en chamar “Nova Narrativa Galega”. Con esta mesma finalidade de abrir un camiño a quen está comezando no mundo da creación literaria, nace o Premio Illa Nova de Narrativa. Consultade as bases aquí.