Premio: XVI Certame de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos
XVI Certame de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos
Poderán concorrer ao Certame de Relato de Aventuras todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, cun único traballo en galego de temática libre que sexa inédito, encadrado no relato de aventuras.
A obra, cunha extensión entre 70.000 e 100.000 caracteres, presentarase por cuadriplicado en exemplares separados, mecanografados por unha soa cara, debidamente grampados, cosidos ou encadernados sen firma e cun lema e utilizando o sistema de plica.
O prazo de admisión dos orixinais rematará o día 7 de abril de 2017.
Os traballos serán remitidos ao enderezo: Concello de Noia. Rúa Rosalía de Castro, 2 – 15200, Noia (A Coruña)
Establécese un único premio de 3.000 euros, ademais dunha escultura conmemorativa do artista noiés Alfonso Costa, e a publicación da obra gañadora por parte do Excmo. Concello de Noia. O importe do premio estará suxeito á lexislación fiscal vixente. O premio está consignado na partida 334.48003, atopándose retido o crédito necesario.