Premio: Concurso de fotografía Entendendo as nubes
Concurso de fotografía Entendendo as nubes
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio publica a Resolución do 16 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, pola que se aproban as bases da convocatoria do concurso de fotografía Entendendo as nubes.
Poderán participar nesta convocatoria todos os centros de educación infantil, primaria, secundaria e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os centros poderán participar nas seguintes categorías:
– Primeira categoría, para as etapas de educación infantil e primaria.
– Segunda categoría, para as etapas de educación secundaria, bacharelato e formación profesional.
Forma e prazo de presentación:
Para participar nesta convocatoria cada centro educativo poderá enviar ata un máximo de tres fotografías á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través do enderezo electrónico administracion.meteogalicia@xunta.gal. A consellería confirmará a recepción da solicitude ao mesmo enderezo electrónico.
Xunto coas fotografías deberán achegarse os seguintes datos de carácter persoal ao anterior enderezo electrónico:
– Título da fotografía.
CVE-DOG: 2eklkw29-aih1-qvq8-wnv9-2w2v499zsv18
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2017 Páx. 13915
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia
– Nome do centro educativo.
– Nome do autor da fotografía.
– No caso de que o autor sexa menor de idade, será necesario presentar a autorización do pai/nai ou titor/a legal para participar nesta convocatoria, así como para calquera cuestión con ela relacionada.
– Enderezo electrónico de contacto do centro educativo.
– Teléfono de contacto do centro educativo.
O prazo para a remisión de fotografías será de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.