Premio: XXXVI Premio Blanco-Amor de novela longa

XXXVI Premio Blanco-Amor de novela longa

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense celebrada esta mañá no Pazo Provincial aprobou as bases reguladoras da convocatoria da XXXVI edición do Premio Blanco-Amor de novela longa​.

As bases deste premio recollen que poderán participar nel todos os autores e autoras que presenten unha ou varias obras escritas en galego segundo a normativa oficial.

En canto ás novelas, terán unha extensión mínima de 150 folios mecanografados ou escritos en ordenador (fonte: Times New Roman e tamaño 12) a unha soa cara e a dous espazos, ou de 75 folios coa mesma fonte a dúas caras e a dous espazos.

As obras presentadas terán que ser inéditas e de cada obra deberán presentarse cinco copias asinadas cun lema, en paquete sen remite, dirixido á Deputación de Ourense, facendo constar no exterior "Para o XXXVI Premio Blanco-Amor" e, nun sobre anexo, pechado e baixo o mesmo lema, indicaranse o nome e enderezo do autor e, de ser posible, o seu teléfono e enderezo electrónico.

Fin do prazo: 14 de setembro de 2017, coincidindo co cento vinte aniversario do nacemento en Ourense de Eduardo Blanco-Amor.

 

Estado do trámite: Resolto

Comparte