Premio: Premios da Cultura Galega 2017

Premios da Cultura Galega 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca unha nova edición dos Premios da Cultura Galega, uns galardóns que teñen por obxecto apoiar a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección da construción cultural de Galicia nos ámbitos das letras, das artes plásticas, das artes escénicas, da música, do audiovisual, da lingua, do patrimonio cultural e da proxección exterior, que son as oitos modalidades que contemplan os galardóns.

As bases da nova edición dos premios publícanse no Diario Oficial de Galicia, en http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170526/AnuncioG0164-160517-0003_gl.html, e establecen como prazo para a presentación das candidaturas desde o 27 de maio ata o vindeiro 26 de xullo. Durante ese período, as institucións e entidades culturais ou profesionais, públicas ou privadas, relacionadas co obxecto de cada premio, poderán presentar as súas candidaturas, sen se postular a si mesmas.

Os encargados de escoller os premiados desta nova edición será os membros dun xurado conformado por representantes da Consellería de Cultura e Educación, do Consello da Cultura Galega, da Universidade de Vigo (en representación rotatoria das universidades galegas), da Real Academia Galega e da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, ademais de catro profesionais independentes.

En cada unha das modalidades, os Premios da Cultura Galega concederán un único premio e non poderá recaer máis dun premio na mesma persoa. O galardón consistirá nunha escultura ou obxecto conmemorativo realizado por un ar­tista galego de recoñecido prestixio e nun diploma acreditativo.

 

Estado do trámite: Resolto

Comparte