Premio: Premio Otero Pedrayo 2017
Premio Otero Pedrayo 2017
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación publica do 24 de maio de 2017, da Área de Cultura e Lingua, sobre as bases reguladoras da convocatoria do Premio Otero Pedrayo 2017.
Convócase o Premio Otero Pedrayo 2017, dotado con 16.000 €, segundo as disposicións do regulamento correspondente. Esta convocatoria corresponde ao ano 2017, de acordo co disposto no regulamento, no cal se establece o seu ámbito autonómico e o seu carácter anual; realízaa cada ano unha das deputacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, por esta mesma orde.
Atendendo ás razóns expostas, a convocatoria e a concesión do premio, na edición de 2017, atribúeselle á Deputación Provincial de Pontevedra, que consignará na aplicación 17/330.3340.481.04 do seu orzamento de gastos o importe do premio (16.000 €) máis os gastos correspondentes á súa organización, e no de ingresos, as sumas que deberán achegar cada unha das demais deputacións provinciais de Galicia, cotitulares do premio, cunha contía de 2.000 €, e a Xunta de Galicia, con 8.000 €.
O Premio Otero Pedrayo ten por obxecto:
– Perpetuar e honrar a memoria da persoa egrexia no campo das letras e do coñecemento. – Premiar un labor que constituía unha contribución eminente á cultura galega.
– Premiar un labor que constituía unha contribución eminente á cultura galega
– Promover os valores propios de Galicia e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanía e institucións.
Poderán optar ao premio:
– As persoas naturais nacidas ou residentes en Galicia ou con cumprida raizame nela.
– Os grupos de traballo radicados en Galicia ou constituídos para promover a cultura galega.
– As personalidades ou institucións que se caractericen pola difusión e o mantemento da cultura galega.
A presentación de candidaturas realizarase no prazo de tres meses, a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOP de Pontevedra.