Premio: Premio de Narrativa Breve 2017

Premio de Narrativa Breve 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria -a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística- e a Fundación Repsol renovan un ano máis o seu acordo de colaboración para convocar o Premio de Narrativa Breve 2017. A décimo primeira edición deste certame  ten como principal obxectivo a dinamización lingüística a través da creación literaria no idioma galego.

A este premio poderán concorrer todos os autores que o desexen, excepto o gañador da edición anterior, cunha novela curta escrita en lingua galega conforme a normativa establecida pola Real Academia Galega. As novelas deberán presentarse diante da Fundación Repsol antes do próximo 24 de xullo.

Os textos deberán ser orixinais e escritos en lingua galega, conforme á normativa establecida pola Real Academia Galega. Todos os textos deben ser inéditos, cunha extensión mínima de 50 folios e máxima de 120. O xurado estará conformado por un representante da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación; outro da Fundación Repsol, un da Real Academia Galega, outro da Asociación de escritores en Lingua Galega e un da Editorial Galaxia.

 

Estado do trámite: Resolto

Comparte