Premio: XI Certame galego de Bandas de Música

XI Certame galego de Bandas de Música

 O Certame Galego de Bandas de Música é un evento xa consolidado, que reúne cada ano preto de mil músicos de toda Galicia, moitos deles mozas e mozos que garanten o futuro do movemento bandístico na nosa Comunidade. As agrupacións federadas teñen de prazo ata o vindeiro día 18 de agosto para solicitar a súa participación na décimo primeira edición deste certame, que terá lugar no Auditorio de Galicia de Santiago os días 25 e 26 de novembro.

De entre todas as inscritas, elixiranse un máximo de 18 bandas, que serán divididas en tres apartados segundo o número de participantes: sección primeira (máis de 71 músicos), sección segunda (de 51 a 70 músicos) e sección terceira (ata 50 músicos). As formacións seleccionadas implicaranse, ademais, na difusión do evento a través de cadanseu concerto promocional entre agosto e setembro.

Estado do trámite: Resolto

Comparte