Premio: 5º Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco

5º Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia convoca a quinta edición dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia, que nesta edición conta de novo coa colaboración do Igape.

A convocatoria ábrese o 5 de setembro e permanecerá aberta ata o 5 de outubro ata ás 14 horas. Con ela, a Cidade da Cultura busca poñer en marcha ideas ou proxectos innovadores no mundo das industrias culturais artelladas en tres modalidades: aplicacións informáticas ou proxectos culturais en internet, proxectos na área do deseño, creación artística e plástica e na área da xestión cultural. 

O premio en cada unha das modalidades será a incorporación gratuíta durante doce meses ao Centro de Emprendemento do Gaiás, onde se contará cun asesoramento personalizado e titorización durante todo o desenvolvemento do proxecto, e un premio en metálico de 2.000 euros para cada proxecto, para contribuír ao financiamento da nova empresa, grazas a colaboración do Igape.

O obxectivo destes premios e impulsar o desenvolvemento de novas ideas emprendedoras relacionadas coas industrias culturais e que queiran desenvolver a súa actividade en Gaiás Cidade da Cultura de Galicia: deseñadores-ilustradores, profesionais da comunicación, produtores, xestores culturais, programadores de aplicacións informáticas e de proxectos culturais na internet e calquera outra persoa con vinculación no emprendemento cultural.

Bases reguladoras:

Primeiro. Persoas que poden participar na convocatoria

1. As persoas solicitantes que teñan finalizado as ensinanzas de ciclos medios e de
ciclos superiores de formación profesional e dos ensinos profesionais de artes plásticas e
deseño.
2. As persoas solicitantes que teñan finalizado as ensinanzas de escolas de arte.
3. As persoas solicitantes que teñan finalizado as ensinanzas universitarias en humanidades
e/ou calquera outra rama artística.
4. Calquera outra persoa que teña finalizado as ensinanzas universitarias con vinculación
ao emprendemento cultural e que desexe desenvolver a súa actividade en Gaiás Cidade da
Cultura de Galicia.

Segundo. Obxecto

Impulsar o desenvolvemento de novas ideas emprendedoras relacionadas coas industrias
culturais e que queiran desenvolver a súa actividade en Gaiás Cidade da Cultura de
Galicia: deseñadores-ilustradores, profesionais da comunicación, produtores, xestores
culturais, programadores de aplicacións informáticas e de proxectos culturais na internet e
calquera outra persoa con vinculación ao emprendemento cultural.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 25 de agosto de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras relativas
á convocatoria 2017 do programa dos Premios Emprende Cultura Gaiás-Sixto Seco.
CVE-DOG: dxmyaah2-sre8-jhc7-15g6-tmmn2krpdyz8
DOG Núm. 167 Luns, 4 de setembro de 2017 Páx. 41620
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Cuarto. Importe

a) Tres premios en metálico dotados con dous mil euros (2.000,00 €) cada un (un premio
por categoría e proxecto seleccionado).
b) Incorporación gratuíta durante doce meses ao espazo Cotraballo do Centro de
Emprendemento Creativo de Galicia de Cidade da Cultura de Galicia.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao
da publicación deste extracto da resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).

 

Estado do trámite: Resolto

Comparte