Premio: VI Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey

VI Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey

Convocado polo Concello de Fornelo de Montes e a Asociación de Veciños O Cruceiro da Laxe

O Concello de Fornelo de Montes e a Asociación de Veciños O Cruceiro da Laxe publican as bases da VI edición do Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey. A editorial Xerais será a responsable de publicar a obra gañadora. 

Poden concorrer as poetas e os poetas que o desexen, con obra escrita en galego segundo a normativa vixente. A extensión mínima é de 500 versos e a máxima de 800. As obras terán que ser enviadas por sextuplicado ao Concello de Fornelos de Montes, sen remite identificador e baixo lema, e acompañadas por un sobre cos datos asociados ao seu autor ou autora. A dotación do premio é de 2.500 euros.

O prazo de presentación remata o 15 de novembro de 2017.

Estado do trámite: Resolto

Comparte