Premio: XVI Premio de Poesía Afundación
XVI Premio de Poesía Afundación
Afundación, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Centro PEN de Galicia convocan a décimo sexta edición do Premio de Poesía Afundación, co obxectivo de impulsar e de recoñecer a produción poética en lingua galega.
Poden participar autores e autoras que presenten obras inéditas, non presentadas a ningún outro concurso e cunha extensión mínima de 600 versos,en lingua galega segundo a normativa ortográfica vixente, ata o vindeiro 31 de maio de 2018. Os orixinais deben ser presentados por quintuplicado e baixo lema.
A obra premiada recibirá un único premio de 6.000 euros e será publicada, ademais, na colección Arte de Trobar, editada polo Centro PEN de Galicia coa colaboración da Xunta de Galicia e de Afundación.