Premio: I Premio CGAC

I Premio CGAC

Primeiro premio galego de investigación e ensaio sobre arte contemporánea

Coincidindo coa celebración, en 2018, do seu 25 aniversario, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), adscrito á Consellería de Cultura e Educación, bota a andar o I Premio CGAC, que está dirixido a calquera persoa física, maior de idade, que presente textos inéditos escritos en galego de acordo coa normativa vixente, en relación con labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea. Os textos que se presenten serán de tema libre, sobre aspectos da arte contemporánea e terán un carácter divulgativo. A extensión dos orixinais abranguerá entre 150.000 e 450.000 caracteres, incluídos espazos.

O ensaio gañador será premiado con 3.000 euros e tamén será publicado en forma de libro dentro dalgunha das coleccións que conforman a liña editorial do CGAC. O prazo de presentación de solicitudes comezará mañá mércores e rematará o próximo 15 de xuño.

Estado do trámite: Resolto

Comparte