Premio: XX Premio Elías Valiña para o ano 2018

XX Premio Elías Valiña para o ano 2018

O certame distingue o labor revitalizador dos valores propios dos Camiños de Santiago

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica a Orde do 20 de febreiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública do Premio Elías Valiña para distinguir o labor revitalizador dos valores propios dos Camiños de Santiago e se convoca a súa XX edición para o ano 2018.

A orde ten por obxecto a convocatoria e o establecemento das bases reguladoras da concesión deste galardón para distinguir o labor revitalizador dos valores propios dos Camiños de Santiago como un recoñecemento institucional e social ao esforzo protector e de fomento do coñecemento e dos valores propios dos Camiños de Santiago, por parte das asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro que inclúan estes fins no seu obxecto social. Inclúese, así mesmo, a posibilidade de que o xurado propoña unha mención especial, sen dotación económica, a unha persoa física que, pola súa sensibilidade e interese, teña contribuído especialmente á posta en valor do Camiño. Esta mención só poderá outorgarse de xeito individual.

Poderán participar as asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro cunha traxectoria que acredite o seu labor na protección, revitalización, fomento do coñecemento e dos valores propios do Camiño de Santiago, e que desenvolvan a súa actividade tanto dentro como fóra de Galicia.

A asociación ou entidade premiada recibirá un diploma e o importe do premio, dotado con 10.000 euros. No caso de que o premio sexa compartido, serao a partes iguais entre as persoas galardoadas.

 

 

Estado do trámite: Resolto

Comparte