Premio: I Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia
I Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia
Aberto o prazo de presentación de proxectos
Publicada no DOG do 18 de setembro a Orde do 5 de setembro de 2018 pola que se crea o Premio á innovación bibliotecaria de Galicia e se convoca para o ano 2018.
Este premio ten por obxectivo recoñecer o labor das bibliotecas e axencias de lectura públicas municipais de Galicia que leven a cabo proxectos e boas prácticas innovadoras, de utilidade para as persoas usuarias, sostibles no tempo e achegados ao contexto local no que se insiren.
O galardón estará dotado cun único premio de 3000 euros e un distintivo de biblioteca innovadora, e será entregado na I Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Estado do trámite:
Resolto