Premio: Premio Illa Nova de Narrativa 2019
Premio Illa Nova de Narrativa 2019
Para autores e autoras menores de 35 anos
O 12 de xaneiro de 1957 Xaime Isla Couto, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro, Domingo García-Sabell, Francisco Fernández del Riego, entre outros, reunían aos novos valores da literatura galega en Compostela para presentarlles a colección Illa Nova. Naquela xuntanza estaban Xosé Luís Méndez Ferrín, X. L. Franco Grande ou Xosé Manuel Beiras para celebrar unha nova canle expresiva que nacía para eles.Xohana Torres, Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán ou Carlos Casares foron algúns deses novos valores que publicaron na colección onde saíron algunhas das principais obras do que se deu en chamar “Nova Narrativa Galega”.Con esta mesma finalidade de abrir un camiño a quen está comezando no mundo da creación literaria, nacía en 2017 o Premio Illa Nova de Narrativa, recuperando 60 anos despois o espírito de dar voz ás xeración máis novas co obxectivo de estimular a creación.
Poderán optar ao premio as persoas menores de 35 anos na data da resolución do galardón.