Premio: Premio de Poesía Afundación

Premio de Poesía Afundación

O 31 de maio de 2019 remata o prazo para participar no Premio de Poesía Afundación

Este certame literario, organizado polo Centro PEN de Galicia co patrocinio de Afundación e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, pretende impulsar a creación en lingua galega.

Se contas cunha obra poética inédita, consulta as bases e fainos chegar o teu orixinal. 

Poderán concorrer ao XVII Premio de Poesía Afundación autoras e autores de calquera nacionalidade, maiores de idade, presentando unha soa obra escrita en lingua galega (segundo a normativa ortográfica vixente).

O premio, un e indivisible, está dotado con 6000 €, cantidade da que se deducirán os correspondentes impostos

 

Estado do trámite: En trámite

Comparte