Premio: XII Premio Atlante de gravado
XII Premio Atlante de gravado
XII PREMIO ATLANTE DO MUSEO DE ARTES DO GRAVADO Á ESTAMPA DIXITAL BASES 2020
XII PREMIO ATLANTE DO MUSEO DE ARTES DO GRAVADO Á ESTAMPA DIXITAL
BASES 2020
1. Poderán participar todos os artistas nacionais e estranxeiros que o desexen. As obras deberán estar
executadas necesariamente en calquera dos sistemas e técnicas gráficas, incluídos os procedementos
dixitais e electrográficos, que considere conveniente o artista.
2. Admitiranse como máximo dúas obras por autor. O tamaño do papel será de 38 cm x 28 cm. O artista
poderá utilizar as tintas e matrices que estime conveniente para estampar os orixinais.
3. Os gravados serán inéditos e sen ser editados nin numerados. Os premios outorgados traen consigo a
edición das obras premiadas en 25 exemplares e a súa entrega á Fundación Museo de Artes.
4. Establécense: Premio Ramiro Carregal de gravado de 5.000 €, 3 premios dotados con 2.500 € cada un
e 1 un premio especial Pedras de Santiago, de 2.000 €, para un artista nacido ou residente en Galicia. Estes
premios estarán suxeitos ás retencións marcadas pola lei.
5. Xunto coa obra achegarase a seguinte documentación: Datos do autor: Nome e apelidos / Técnica
utilizada / Medida da prancha / Breve currículo artístico / Fotocopia do DNI ou pasaporte / Enderezo, número
de teléfono e correo electrónico.
6. Os gravados enviaranse sen enmarcar, convenientemente protexidos, á Fundación Museo das Artes do
Gravado. Lugar de Outeiro. ARTES- Ribeira. 15969 (A Coruña) España, do 10 de outubro de 2020 ao 31
de maio de 2021.
7. A Fundación Museo de Artes, comprométese a editar unha carpeta cos 5 gravados premiados. Os
gañadores, responsabilízanse de estampar, numerar e asinar os 25 exemplares, máis as 2 probas de
artista; deberán entregar a/as matriz/ces xunto coas 25 estampas á Fundación Museo de Artes. Os 5 artistas
galardoados recibirán da Fundación unha carpeta completa cos cinco
gravados premiados.
8. Os traballos seleccionados exporanse nunha das Salas do Museo de Artes.
9. O xurado estará formado por 5 personalidades do mundo da Arte, e a súa decisión será inapelable. O
veredicto emitirase no prazo máximo de dous meses desde a finalización do prazo de entrega das obras.
10. A Fundación velará pola boa conservación dos traballos recibidos, pero non se responsabiliza polos
danos causados durante o envío e devolución das obras. Os gastos de envío e retorno correrán por conta
do artista. Se os envíos son desde España poderanse achegar os selos para a súa devolución.
11. As obras sen retirar, nin reclamar no prazo de 2 meses transcorridos desde a entrega de premios,
pasarán a engrosar a colección de Arte Gráfica da Fundación.
12. As obras seleccionadas poderanse vender no transcurso da exposición, se previamente así o indicou o
autor, que percibirá o importe integro da venda. Poñeranse en contacto o artista co comprador.
13. Protección de Datos. Consonte á L.O.P.D. informamos de que os seus datos persoais, indicados no
punto 5, serán rexistrados nos ficheiros, automatizados ou non, de Fundartes coa finalidade de xestionar a
súa participación no concurso. Informámoslle de que estes poderán ser
publicados en medios de comunicación escrito e/ou dixital coa finalidade de dar a coñecer os premiados e
divulgar a actividade do museo. Informámolo/la de que poderá recibir información sobre a nosa actividade,
eventos, etc. a través de medios electrónicos. Vde. poderá exercer os dereitos de acceso, cancelación,
rectificación, oposición mediante un escrito achegando unha copia do DNI á Fundación Museo de Artes do
Gravado á Estampa Dixital, en Artes; Lugar de Outeiro s/n 15969, Ribeira (A Coruña). En caso de que
producise algunha modificación dos seus datos, pregamos nolo comunique coa finalidade de mantelos
actualizados.
14. Polo feito de participar neste concurso o/a artista acepta as bases e renuncia a calquera tipo de
reclamación.
XII PREMIO ATLANTE DO MUSEO DE ARTES DO GRAVADO Á ESTAMPA DIXITAL
BASES 2020
Para máis información:
Tlf: 981871342
www.fundartes.com
E-mail: fundartes@gmail.com
Xurado:
• Manuel Ayaso, pintor e gravador.
• José Daniel Buján, director da Biblioteca de Galicia.
• Alfonso Costa, pintor e gravador.
• Carmen Hermo, doutora en Belas Artes e gravadora.
• Juan Monterroso Montero, Decano da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de
Compostela.
• José Manuel López Vázquez, Catedrático da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de
Santiago de Compostela.
• Isabel Pintado, pintora, gravadora e docente.