Premio: XXI Premio Elías Valiña para o ano 2019
XXI Premio Elías Valiña para o ano 2019
A Consellería de Cultura e Turismo publica a orde do 10 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, do Premio Elías Valiña para distinguir o labor revitalizador dos valores propios dos Camiños de Santiago.
Esta orde ten por obxecto a convocatoria e o establecemento das bases reguladoras da concesión do Premio Elías Valiña para distinguir o labor revitalizador dos valores propios dos Camiños de Santiago como un recoñecemento institucional e social ao esforzo protector e de fomento do coñecemento e dos valores propios dos Camiños de Santiago por parte das asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro que inclúan estes fins no seu obxecto social. Inclúese, así mesmo, a posibilidade de que o xurado propoña unha mención especial, sen dotación económica, a unha persoa física que, pola súa traxectoria vital, teña contribuído ao fomento dos valores culturais dos Camiños de Santiago. Esta mención só poderá outorgarse de xeito individual.
Na XXI edición poderán participar as asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro cunha traxectoria que acredite o seu labor na protección, revitalización, fomento do coñecemento e dos valores propios do Camiño de Santiago, e que desenvolvan a súa actividade tanto dentro como fóra de Galicia. O prazo de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte da publicación da citada orde no Diario Oficial de Galicia.
A entidade gañadora será premiada cun máximo de 10.000 euros.