Programa Europa Creativa

O programa Europa Creativa ten como obxectivo apoiar o sector audiovisual, cultural e creativo europeo. 

Está estruturado en dous subprogramas: o programa MEDIA, para o sector audiovisual, e o subprograma Cultura, para as empresas culturais e creativas. Existe, ademais, un capítulo transversal para accións intersectoriais.
O orzamento total de Europa Creativa para o período actual, 2014-2020, é de 1.460 millóns de euros, que se xestionan en plans de traballo anuais.

Regulamento de Europa Creativa