Publicacións

Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.

Amosando 652 resultados.

Cadernos de Fraseoloxía Galega 25

Director/a: González Rey, María Isabel
Cadernos de Fraseoloxía Galega 25

Cadernos de Fraseoloxía Galega estrea o novo número 25, un volume monográfico conxugado no seo do proxecto Metafras e centrado no estudo da metalinguaxe propia do campo da fraseoloxía. Os nove artigos compilados tratan sobre a terminoloxía...

Galician books for children & young adults 2025=Libros infantís e xuvenís de Galicia 2025=Libros infantiles y juveniles de Galicia 2025 | 2025

Galician books for children & young adults 2025=Libros infantís e xuvenís de Galicia 2025=Libros infantiles y juveniles de Galicia 2025 | 2025

Catálogo en galego, castelán e inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en cor das cubertas e a información editorial necesaria para...

Arquitecturas que falan do seu tempo

Arquitecturas que falan do seu tempo

Catálogo da exposición temporal Arquitecturas que falan do seu tempo, organizada polo Museo de Belas Artes da Coruña. A mostra recolle as creacións arquitectónicas dos 23 arquitectos que foron e son académicos de número e de honra da Real Academia...

Unha ollada desde a distancia. Peregrinos e viaxeiros de fala inglesa en Santiago de Compostela

Autor/a: Fernández Gasalla, Leopoldo
Unha ollada desde a distancia. Peregrinos e viaxeiros de fala inglesa en Santiago de Compostela

Trátase dun traballo de investigación sobre os peregrinos e viaxeiros de fala inglesa que se achegaron a Santiago de Compostela. Neste primeiro volume o abano cronolóxico abrangue desde 1808 ata 1900. Este libro ofrece unha análise das vivencias...

Os Bolechas. 20.000 leguas baixo dos mares de Lugrís no Museo Massó

Os Bolechas. 20.000 leguas baixo dos mares de Lugrís no Museo Massó

Conto con viñetas de cómic infantil e texto que narra a aventura dos Bolechas co pintor Urbano Lugrís na conserveira Massó.

Urbano Lugrís no Museo Massó e viceversa: A primeira etapa da travesía artística Lugrisiana

Autor/a: López de Prado Nistal, Covadonga - Tradutor/a: Leobalde García, Mercedes
Urbano Lugrís no Museo Massó e viceversa: A primeira etapa da travesía artística Lugrisiana

Monografía ilustrada con texto e fotografías dos fondos museográficos, bibliográficos e documentais expostos.

Urbano Lugrís en el Museo Massó y viceversa: La primera etapa de la travesía artística Lugrisiana

Autor/a: López de Prado Nistal, Covadonga
Urbano Lugrís en el Museo Massó y viceversa: La primera etapa de la travesía artística Lugrisiana

Monografía ilustrada con texto e fotografías dos fondos museográficos, bibliográficos e documentais expostos.

Moeda romana. No Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Moeda romana. No Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Catálogo dos fondos de numismática romana do museo, con identificación individualizada de cada peza e estado previo do proceso de formación das coleccións do Museo Provincial de Ourense.

Ramón Parada Justel

Autor/a: Lorenzo Rumbao, Belén - Tradutor/a: Vázquez Monxardín, Afonso
Ramón Parada Justel

Catálogo da exposición temporal sobre o pintor Ramón Parada Justel realizada no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense no ano 1991, onde se recolle tanto a súa traxectoria vital como artística.

A selection of sculpture

A selection of sculpture

Guía breve do edificio, historia do museo e coleccións que se mostran na escolma de escultura.

Páxinas