As desterradas

Autor/a: Varela, Carme
As desterradas
Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-9121-906-4
ISBN-13: 978-84-453-5376-9
Idiomas: Galego
Edita: Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Axencia Galega das Industrias Culturais (Santiago de Compostela), Edicións Xerais de Galicia (Vigo)
Edición:
Ano: 2021
Temas: Cine, Teatro, Espectáculos
Colección: Biblioteca Dramática Galega (26)
Encadernación: Tapa branda
Volumes: 1
Páxinas: 107
Sinopse

As desterradas, de Carme Varela, conforma o número 26 da colección Biblioteca Dramática Galega, que integra as obras gañadoras dos premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e Manuel María de literatura dramática infantil convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais. Gañadora do XXV premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais (edición 2020), e coeditada pola Agadic e Edicións Xerais de Galicia, As desterradas conta os días finais do mosteiro bieito de San Salvador de Albeos, no actual concello de Crecente.

A peza adéntrase no enfrontamento entre a Coroa de Castela e os mosteiros bieitos galegos e faino desde o lado das perdedoras, dando voz a aquelas que foron silenciadas, que foron xulgadas sen se poderen defender. Unha historia de resistencia protagonizada por un pequeno grupo de mulleres que constituían unha reserva de independencia feminina e que viron como o seu mundo caía a cachos ante o poder avasallador da Coroa de Castela.

P.V.P. (I.V.E. Incluído): 16.00

Comparte