Vieiros trobadorescos
Autor/a: Brea, Mercedes

Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5432-2
Idiomas:
Galego
Edita:
Secretaría Xeral de Política Lingüística - Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Santiago de Compostela)
Edición:
1ª
Ano:
2022
Temas:
Lingua, Literatura, Filoloxía
Encadernación:
Tapa branda
Volumes:
1
Páxinas:
466
Sinopse
A literatura medieval e a lingüística románica, disciplinas, a miúdo, entrelazadas de forma enriquecedora— trazan os vieiros polos que a profesora Mercedes Brea ten transitado ao longo da súa carreira docente e investigadora na Universidade de Santiago de Compostela e no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
O presente volume recolle unha serie de contribucións da profesora, que foron seleccionadas tanto pola súa importancia para o estudo da poesía galega medieval como por seren paradigmáticas da actividade que promoveu no seo do grupo de investigación que creou (GI-1350-Románicas: Filoloxía e Literatura Medieval da USC), e no que conseguiu formar unha auténtica escola. A ela vai ofrecido este libro como recoñecemento ao seu traballo e, sobre todo, ao seu xeneroso maxisterio.