De comerciantes a banqueiros: Orixes da banca en Galicia

De comerciantes a banqueiros: Orixes da banca en Galicia
Material textual - Publicación en papel - Libro
Idiomas: Castelán, Galego
Edita: Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, Dirección Xeral de Cultura, Arquivo de Galicia (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2023
Temas: Arquivos, Bibliotecas, Museos, Libro, Bibliografía, Documentación, Prensa
Ilustracións: cor
Encadernación: Tapa branda
Volumes: 1
Páxinas: 95
Sinopse
O catálogo da exposición De comerciantes a banqueiros. Orixes da banca en Galicia reproduce tanto os textos explicativos como as imaxes e as descricións dos documentos expostos na exposición organizada polo Arquivo de Galicia que foi inaugurada o día 9 de xuño, Día Internacional dos Arquivos, no Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e que permaneceu aberta ata o día 15 de outubro deste ano. Nela exhíbíronse unha selección de 89 documentos que nos achegan ao fenómeno da actividade bancaria en Galicia nunha época de profundas transformacións políticas, económicas e sociais, entre as que destaca o inicio do movemento emigratorio a grande escala a mediados do século XIX.
P.V.P. (I.V.E. Incluído): 0.00

Comparte