A nacionalización do pasado irlandés 1845-1937

Autor/a: Madriñán, Xavier R.
A nacionalización do pasado irlandés 1845-1937
Material textual - Publicación electrónica en liña - Libro
ISBN-13: 978-84-453-4960-1
Idiomas: Galego
Edita: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2010
Temas: Ciencias sociais, Política, Traballo, Emigración, Emprego
Encadernación: Tapa branda
Volumes: 1
Páxinas: 783
Sinopse
A obra é unha análise do proceso de configuración da representación nacionalista do pasado de Irlanda entre o momento do nacemento do nacionalismo moderno irlandés e a consolidación do Estado Libre Irlandés, que consagra dito relato como historia oficial. Fúndase no estudo dos textos fundamentais da historiografía nacionalista , tanto das historias literarias/populares como das académicas, a partir da década final do XIX. Analízase a evolución da representación nacionalista do pasado dun modo comparado atendendo á definición do suxeito nacional, os contidos e a súa estruturación, os aspectos formais e a mensaxe política que trasmiten. Conclúese que o relato canónico final vén ser o resultado do proceso de perfeccionamento dunha interpretación inicial do pasado que permanece inalterable nos seus elementos historiográficos constitutivos, que son adaptados en función da evolución do contexto político e as esixencias da práctica académica do traballo histórico. En consecuencia, o estatuto científico da historia de Irlanda elaborada desde a perspectiva ideolóxica nacionalista resulta certamente precario.
Descargar(pdf, 9.39 MiB)
P.V.P. (I.V.E. Incluído): 25.00

Comparte