Guía de recursos para a emancipación da mocidade galega

Material textual - Publicación electrónica en liña - Libro
Idiomas:
Galego
Edita:
Consellería de Traballo e Benestar, Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (Santiago de Compostela)
Edición:
1ª
Ano:
2011
Temas:
Deporte, Xuventude, Turismo
Ilustracións:
cor
Encadernación:
Tapa branda
Volumes:
1
Páxinas:
104
Sinopse
Esta guía recolle os recursos existentes a nivel autonómico e estatal para a emancipación da mocidade. Co fin de organizar os recursos distribúense en recursos para a formación, para o emprego e para o acceso á vivenda.
Os recursos para a formación recollen tanto a formación regrada que ten unha relación máis directa co emprego como aquela formación non regrada que facilita o achegamento ao mundo laboral.
Nos recursos para o emprego relaciónanse aqueles necesarios para o acceso ao emprego por conta propia e allea, ademais faise unha referencia ao emprego na Unión Europea.
Por ultimo, nos recursos para a vivenda descríbense aquelas axudas ás que poden optar os mozos para o seu acceso a unha vivenda tanto en aluguer como en propiedade.
Ademais ao longo da guía móstranse diferentes enlaces a paxinas web onde a mocidade pode encontrar máis información sobre os diferentes recursos expostos.