Afonso X e Galicia

Editor/a literario/a: Brea López, Mercedes. Lorenzo Gradín, Pilar
Afonso X e Galicia
Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5390-5
Idiomas: Galego
Edita: Secretaría Xeral de Política Lingüística. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2021
Temas: Lingua, Literatura, Filoloxía
Ilustracións: cor
Encadernación: Tapa branda
Volumes: 1
Páxinas: 526
Sinopse
Resulta difícil pensar que aínda quede algo novo por dicir sobre unha figura tan trascendental para a historia e as letras hispánicas do s. XIII como é a de Afonso X o Sabio. Non obstante, cando o especialista se achega á súa figura, tropeza cunha serie de “nebulosas” que envolven, sobre todo, as súas vicisitudes biográficas, en particular no que toca á súa relación con Galicia. E este é, precisamente, o eixo deste volume, publicado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, que persegue unha perspectiva interdisciplinar que dea cabida tanto a visións históricas e á análise de manifestacións artísticas canto ao coñecemento da corte poética dun rei que soubo harmonizar como ningún outro a tradición lírica profana e a relixiosa.
Descargar(pdf, 4.15 MiB)

Comparte