Wunderkammer: Fandiño
Autor/a: Barro López, David. Fandiño Gracia, Jesús Victoriano. Maneiro Jurjo, Mónica

Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5436-0
Idiomas:
Galego, Inglés
Edita:
Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, CGAC (Santiago de Compostela)
Edición:
1ª
Ano:
2022
Temas:
Arte, Música
Ilustracións:
cor
Encadernación:
Tapa dura
Volumes:
1
Páxinas:
286
Sinopse
En 1952, André Malraux publicaba Le Musée imaginaire de la sculpture mondiale, un texto capital no cal prefiguraba unha nova forma de concibir a historia da arte como disciplina aberta en que a historia dos estilos se desdebuxa en favor dun entendemento cruzado, co que se abre lugar ás conexións indebidas, múltiples e baseadas nos afectos e nas subxectividades. O museo imaxinario de Malraux achegábase en espírito aos procedentes do museo moderno, situándose preto dos gabinetes de curiosidades e das cámaras de marabillas en que os burgueses e nobres do renacemento continuaban a tradición medieval e coleccionaban todo tipo de obxectos estraños xunto a obras de arte.
A exposición Wunderkammer de Suso Fandiño insírese nesta tradición e, ao xeito dunha cámara de marabillas, debuxa unha serie de percorridos e enlaces pouco habituais, deseñando un espazo museístico en que as obras conectan entre si creando relacións punzantes. Esta publicación pretende activar no lector a necesidade de buscar significados ocultos reflexionando de xeito lúdico sobre cuestións como a morte do autor, a futilidade do discurso hexemónico na historiografía artística, o papel do espectador na arte, o xogo político de fronteiras, a mercadotecnia ideolóxica, a oposición entre a baixa e a alta cultura ou a análise da linguaxe como sistema de configuración do pensamento.